Proxectos

Colegio Juan de Lanuza

Este proxecto, levado a cabo no Colexio Juan de Lanuza de Zaragoza, consiste nun sistema modular intelixente para controlar un cultivo hidropónico a partir do seguimento de varios parámetros e ofrecendo automaticamente ás plantas todo o que necesitan para o seu crecemento.

Foi realizado polo grupo “avanzado” da actividade Robótica en Familia, o cal está formado por pais/nais e alumnos/as do Colexio Juan de Lanuza de Zaragoza. Os/as alumnos/as máis novos centráronse na creación da estrutura modular de PVC e aluminio. Mentres tanto, os máis maiores levaron a cabo a instalación e a programación con Arduino Mega.

O dispositivo consta de varios sensores que permiten controlar o estado das plantas mediante o control de varios parámetros como a temperatura do aire e a humidade, a temperatura da auga, o pH e a condutividade. Ademais tamén presenta varios actuadores como unha bomba de auga, unha luz de crecemento e un alimentador de nutrientes para poder ofrecer auga, luz e nutrientes de forma automática ás plantas.  

O dispositivo envía periodicamente a información a un servidor web mediante Wifi. Paralelamente deseñouse unha aplicación que permite visualizar estes datos desde un dispositivo Android.

Actualmente o sistema modular está repleto de cabazas e  melones, que serán trasplantadas proximamente ao horto do colexio.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online