Proxectos

CuramSenes

CuramSenes, é un xestor de toma de medicinas e citas médicas. Pensado para persoas maiores, avisa a un coidador se non se tomou a medicación. Este proxecto foi finalista do concurso "  Reinventing  Healthy  Spaces" organizado por  hackster. io este ano.

 

Cal é a finalidade?

Son proxectos que se realizaron para solucionar problemas persoais e será interesante compartilos coa comunidade.

 

Como funciona?

Ambos os proxectos teñen unha entrada de datos desde un asistente de voz ( Alexa). Un  backend, en  AWS ou nun computador persoal correndo  NodeRed procésaos nunha base de datos  MariaDB. Posteriormente, estes datos poden verse desde uns dispositivos  esp32 con pantalla de tinta electrónica ou  TFT correndo un programa en  C. Tamén teñen un interface  python que corre nunha  Raspberry  Pi cunha pantalla de tinta electrónica.

 

Que achega á Comunidade Maker?

É un exemplo de como se poden desenvolver proxectos completos, que cobren necesidades persoais, con tecnoloxías innovadoras.

 

Quen realizou o proxecto?

Ángel Cabello.

 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online