Proxectos

CEE Lourdes - IES Zalaeta - CEE MMariño

 

Deseño e son é un proxecto Maker con aspectos de deseño e impresión 3D, música e xardinería coordinado desde o IES Menéndez Pidal Zalaeta, (club de ciencia e tecnoloxía Zalatecno) no que colaboran o CEE Nª Sra de Lourdes (Clase Vermella- Aspronaga) e o CEE Mª Mariño da Coruña (PFFPB de Xardinería e viverismo). Desenvolven proxectos colaborativos e inclusivos.

 

Un novo proxecto de este ano levoulles a introducirse na xardinería pola colaboración có PFFPB de Xardinería e viveirismo do CEE María Mariño. Neste proxecto aprenden a mellorar plantas e árbores facendo esgallos e enxertos, prácticas tradicionais que permiten aprender a facer e a recoñecer o entorno natural poñendo en valor que, incluso nun entorno urbano, a ecoloxía non é só pechar unha billa. Introducen a tecnoloxía nestas prácticas: recoñecendo técnicas, ferramentas, creando materiais audiovisuais e xogos de divulgación e interactivos.

Outro dos proxectos que levan a cabo é Makers da música. Xunto con grupos do alumnado dos centros colaboradores levan a cabo actividades de construcción de instrumentos (Clase roja de Aspronaga) e de composición de bandas sonoras (IES Zalaeta) que completan os materiais audiovisuais.

O grupo da Clase roja (CEE NSra de Lourdes-Aspronaga) presenta no chat mapas e elementos xeográficos táctiles a través do modelado e impresión 3D para que personas con cegueira podan recoñecer o entorno.

Os centros participantes neste proxecto teñen formación e características moi diversas pero senten que xuntos suman moitísimo e que aínda teñen moito que aprender.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online