Proxectos

VermisLAB

Proxecto realizado polo grupo de Makers 4 de VermisLAB que se basea nunha despensa intelixente que rexistra a cantidade de comida que hai e, á súa vez, está conectada cunha app para manterche informado e axudarche a realizar a compra. 

O despensa funciona grazas a un Arduino NodMCU con Wifi que recibe información de  pulsadores e sensores de peso colocados nos estantes. Desta forma detecta en que estante falta algún produto ou, no caso do sensor de peso, detecta que cantidade de produto queda. Todos estes datos envíanse ao servidor ThingSpeak.

A aplicación, programada con AppInventor, informa deses datos e axuda a saber que cousas hai na despensa e que cantidade queda para saber mellor que se ten que comprar.

Membros do equipo: Mauro García, Diego Rañó, Xela Rodríguez, Raúl Seoane, Mateo Prado, Samuel García e Martín.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online