Proxectos

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

No último ano, moitos estudantes tiveron clases nas aulas que, debido á ventilación para evitar a propagación do Covid-19, estaban a temperaturas moi baixas. Para solucionar este problema un grupo de alumnos do IES Plurilingüe Rosalía de Castro pensó en combinar un detector de CO2 cunha ventá automática que se abría ao exceder o límite de partículas por millón deste gas. 

Durante varias semanas de traballo programouse un sensor de CO2 conectado a unha serie de elementos electrónicos previamente configurados cun Arduino. Finalmente, levouse a cabo a construción da fiestra e a súa colocación total.

O sistema operativo é o seguinte: premendo o interruptor actívase todo o circuíto. Na pantalla LCD podemos ver a información proporcionada polo sensor de CO2. Cando as partes por millón superan 1000 o motor arranca e ventila durante 10 segundos. As partes por millón volven consultarse: se non baixan, ventílase 10 segundos máis e se baixan, o motor actívase e péchase a xanela.

O propósito con este proxecto é proporcionar unha solución sinxela, útil, económica e segura para este problema. Moitos dos materiais empregados son reciclables e permiten darlle unha segunda vida.

O modelo é delicado, pero está reforzado por diferentes caixas que protexen o interior e permiten transportalo dun lugar a outro.

 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online