Proxectos

IES Lois Peña Novo

Maqueta domotizada empregado como modelo didáctico destinado á ensinanza en ciclos formativos de formación profesional da familia deelectricidade.

En que consiste?

O proxecto consiste nunha maqueta dunha vivienda, que conta con dous dormitorios, un baño, unha cociña, un estudo, unha sala de estarcon comedor, un tendedeiro, un corredor, un vestíbulo e a entrada ou acceso á vivenda. Mediante esta maqueta conséguese gobernar o alumeado de todas as estancias da vivenda mediante o uso de pulsadores, accionar asubida e baixada das persianas, controlar o funcionamento da calefacción mediante un detector de temperatura, e activar o circuito detimbre para chamar dende o exterior. Ademáis a maqueta incorpora un simulador de detector de auga e fuga de gas, que conta conavisadores acústicos.Todo o sistema domotizado está controlado mediante autómata.

Cal é a finalidade?

O obxectivo do proxecto é mellorar a comprensión das instalacións domóticas por parte dos alumnos, además de fomentar o aprendizaxe colaborativo ó realizar os propios alumnos a maqueta domotizada, ademáis de participar nos traballos prácticos e familizarizarse coa aplicación práctica de esquemas e programas, e máis co emprego de ferramentas.

Como funciona?

 A maqueta podémola conectar cando queiramos a un ordenador, polo que podemos en calquera momento cambiar totalmente o seufuncionamento sen tocar ao cableado da instalación. A manipulación da maqueta pode ser directamente coa man, activando ou desactivando os sensores instalados, ou tamén gobernando a maqueta dende un ordenador ou dende diferentes dispositivos táctiles, xa que o autómata permite conectarse a internet e temos a posibilidade de facer un control a distancia.

A maqueta da vivenda realizouse en taboleiros de madeira executando os calados necesarios para instalar os dispositivos pertinentes. Os planos da vivenda debuxáronse partindo dunha vivenda real, utilizando o programa de deseño gráfico Autocad.

O programa utilizado para programar o autómata foi o TIA Portal de Siemens e o autómata utilizado foi o S7-1200.

Como experiencia, os retos foron moitos, tanto técnicos como de xestión do suministro de material, pero aínda así o traballo feito compensou coa satisfacción final de todo o equipo, tanto de profesores como de alumnos.

Que achega  á Comunidade Maker?

Mostrar unha forma máis de afrontar o ensino na aula, construindo de forma colaborativa un proxecto cun enfoque real, que podería ser un produto final non únicamente como uso na ensinanza regrada, senón tamén como ferramenta de diagnóstico preliminar á implantación real da instalación.

Quen o realizou?

 O proxecto foi realizado polos alumnos de 2o curso do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas sendo o titor do proxecto o profesor José Luis Pernas Ramos.

 

https://www.facebook.com/iesloispenanovo/

https://www.instagram.com/electricidade.lpn

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online