Proxectos

CEIP Ponte dos Brozos

EcoArte é un proxecto Maker que mistura a programación con bloques, a realidade virtual e o coidado do medio ambiente procurando a conciencia medioambiental de toda a comunidade educativa. A proposta do alumnado do Club de Ciencia do CEIP Ponte dos Brozos intenta visibilizar e tomar conciencia do que sucedería se non facemos un bo tratamento dos residuos e xeramos un lixo excesivo. Para iso crearon museos virtuais na plataforma CoSpaces con pinturas recoñecidas e as modificaron imaxinando como serían se estiveran contaminadas.

O proceso que seguiron foi o seguinte:

- Buscar os cadros en Internet e modificámolos con programas de edición de imaxe para ver como quedarían se non deixamos de contaminar.

- Deseñar galerías onde mostrar eses cadros.

- Engadir personaxes que van guiando a exposición e ofrecen mensaxes de concienciación.

- Facer que os cadros e a galería sexa interactiva empregando a linguaxe de programación CoBlocks.

Membros do equipo: María Begoña Codesal, Pepa Sanjurjo, Luz Pérez e Verónica Iglesias.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online