Resumo do proxecto
O alumnado preparou un traballo interdisciplinar empregando o Ozobot no cal explican o funcionamento do aparato dixestivo.
Quen realizou o proxecto?
Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
En que consiste o proxecto?
O proxecto consiste en explicar o proceso de nutrición nos seres humanos. Para iso, o alumnado tivo que documentarse, entender o proceso, realizar o debuxo que servirá de base para o proxecto e levar a cabo todos os preparativos para que o robot realizase o percorrido axeitado.
Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade é introducir as novas tecnoloxías no proceso educativo de maneira interdisciplinar.
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
No proxecto o Ozobot simula un alimento que vai facer todo o percorrido do aparato dixestivo. Ao mesmo tempo, o alumnado explicará o proceso.
As tecnoloxías empregadas serán o Ozobot e os distintos códigos de cor.
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
O uso das novas tecnoloxías empregando unha perspectiva interdisciplinar onde se aúnan a parte científica, plástica e tecnolóxica. Cabe destacar que con esta tipoloxía de proxectos traballamos un amplo abanico de experiencias moi enriquecedoras para o alumnado (traballo en equipo, respecto polas achegas, compañerismo, traballo autónomo..).
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online