Proxectos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Experimentar e ensinar o hidróxeno verde xa que é un elemento que é un potencial combustible e permite unha transición ás enerxías renovables.

En que consiste?

O hidróxeno verde fai referencia ao método de obtención, ao ser verde, implica que se obtivo dunha maneira 100% renovable. Dada a importancia que cremos que debería ter e aínda non ten, nós estamos a tratar de mostrar este gran descoñecido a todo o mundo e como o seu proceso de obtención, almacenamento e transformación en enerxía non é tan complexo como pode parecer. Ata o momento xa conseguimos producilo e almacenalo e xa estamos a traballar na súa transformación a enerxía.

Cal é a finalidade?

O hidróxeno é un elemento extremadamente útil a longo prazo e que prevemos que vai ser moi útil para conseguir o combustible do futuro. Ademais esperamos demostrar como o proceso que conleva a súa obtención, almacenaxe e utilización non é tan complexo.

Como funciona?

Mediante a electrólise da auga obtemos hidróxeno, almacenámolo en mini bombonas e, mediante unha maqueta, mostramos todo o proceso que se realiza para a súa obtención, usando enerxía eólico e o seu posterior uso tanto como combustible como para a obtención de electricidade.

Que achega á Comunidade Maker?

Divulgar e ensinar cal é o mecanismo de obtención e a importancia que pode ter nun futuro como substituto aos combustibles fósiles.

Quen o realizou?

Un grupo de alumnos de 3ou da ESO pertencentes ao extraescolar "laboratorio de científicos".

 

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online