Proxectos

CIFP Ferrolterra

O proxecto Fasquía 3D consiste na creación dun catálogo dixital de modelos 3D imprimibles das distintas tipoloxías das embarcacións tradicionais de Galicia. Trátase de promover o noso patrimonio marítimo material e as nosas embarcacións tradicionais coma un contido cotiá no ensino galego.

Ao mesmo tempo, este proxecto ten unha parte de divulgación da impresión 3D, facéndoa chegar a todo o alumnado e profesorado do centro que teña interese, promovendo así o uso das tecnoloxías 3D fóra do ámbito estrictamente tecnolóxico.

O proxecto ten o seu epicentro no CIFP Ferrolterra, no ciclo de mantemento de embarcacións de recreo, no departamento de Madeira, pero conta tamén cun segundo núcleo no IES Francisco Aguiar de Betanzos. Nel tamén colaborarán as entidades máis relevantes en canto as embarcacións tradicionais, tales coma a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), que engloba a todas as asociacions relacionadas co tema e outras entidades; AGALCARI, que é a asociación galega de carpinteiros de Ribeira; EXPONAV, consorcio do museo naval de Ferrol; o Colexio oficial de enxeñeiros navais de Galicia, Asteleiros Triñanes, Leica Geosystems España, os GALP Golfo Aratabro Norte e a Asociación cultural Os Patexeiros de Sada - Lorbé.

 

 

 

 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online