Proxectos

FEDI

Feiras  FEDI é unha aplicación web para facer feiras e eventos virtuais en 3D.  O obxectivo é ofrecer unha solución que se adapte a calquera sector, que sexa visualmente atractiva e fácil de usar. A aplicación é "autoservizo", trátase dunha ferramenta para que un usuario poida organizar un evento de forma autónoma.

No proceso de uso interveñen tres tipos de usuarios:

O organizador do evento adquire un espazo virtual utilizando unha aplicación web intuitiva que lle proporciona un editor para personalizar o recinto e distribuír os postos ao seu gusto. Grazas a esta personalización, o organizador poderá facer que a súa feira teña un deseño único e persoal.

Estes postos asígnaos aos expositores, quen pode acceder á aplicación para personalizalos, utilizando un editor 3D sinxelo e fácil de usar. Este editor ofrece unha biblioteca con diferentes obxectos para este fin. Os expositores tamén poderán subir os seus logotipos, catálogos, carteis ou vídeos personalizados. Este material procesámolo utilizando funcións en Google Cloud e almacenámolo para facilitar a súa integración dentro das ferramentas 3D.

Por último, os visitantes poderán acceder á feira, unha vez abra as súas portas, utilizando a ferramenta de visualización, dispoñible en dúas versións: unha para navegadores web e outra para dispositivos móbiles e tablets. Con esta ferramenta poderán visitar os postos e comunicarse cos expositores a través dunha canle de comunicación por vídeo e audio. Tamén poderán xestionar os contactos obtidos na feira utilizando unha axenda virtual que lles axuda a ter a información organizada.

Membros do equipo: Jacobo Fiaño, Pablo Boullosa y Jesse Lago.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online