Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

Este proxecto xorde da fusión entre Filosofía e TIC coa idea de incluír as habilidades STEAM en calquera área e/ou materia, tentando potenciar a parte artística dos nosos/as alumnos/as e buscando outras formas de expoñer os contidos dunha materia, fuxindo das presentacións.

Os/as alumnos/as expuxeron o tema de “As catro causas de Aristóteles” mediante un busto do filósofo sobre unha especie de urna. Sobre o busto é visible un cerebro feito a modo de softcircuit dividido en 4 partes no que se inseriron leds de diferentes cores correspondentes a cada unha das 4 causas de Aristóteles. A través dunha botonera accionábanse, acendéndose a parte do cerebro correspondente e acompañado dun audio relativo a esa causa.

Para levalo a cabo os/as alumnos/as tiveron que realizar o molde do cerebro con MeshMixer, imprimilo en 3D e unha vez impreso enchérono con silicona inserindo dentro leds en cada unha das catro partes do cerebro.

Posteriormente deseñaron a urna en vectorial para proceder ao corte e gravado de imaxes mediante  LaserCut, fixeron un caixón a modo de caixa fluxus e programaron a placa TouchBoard co IDE de  arduino. Ademais o dispositivo tamén dispón dunha pantalla LCD que vai mostrando información e frases soadas de Aristóteles.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online