Resumo do proxecto
Espazo para que os makers poidan introducir dentro as súas impresoras 3D e dotalas de certa tecnoloxía.
Quen realizou o proxecto?
Este proxecto está a realizalo Alberto García, CTO & founder de fusibox. com
En que consiste o proxecto?
Queremos mellorar e facilitar a experiencia dos usuarios de impresoras 3D, cun espazo exclusivo adaptado ás súas necesidades, onde poder gardar a súa impresora e obter un control absoluto da impresión grazas a todos os seus compoñentes incorporados.
GOZA DE TODAS As súas VANTAXES:
- Fácil acceso á impresora 3D a través de web e/ou APP. (Software libre e gratuíto, Octoprint).
- Instalación e configuración de maneira moi rápida e fácil.
- Configura a temperatura e a humidade do interior de Fusibox 3D.
- Cámara e micrófono. Garda as túas fotos, vídeos, estafe lapse, stream e moito máis.
- Enchufe intelixente para controlar consumo, parada de emerxencia, programación horaria.
- Estrutura robusta con tea resistente á auga e ao po; illamento térmico; redución de ruído e vibracións.
- Acceso rápido para labores de mantemento e/ou cambio de filamento.
- Espazo de almacenamento pregable e fácil de transportar.
Cal é a finalidade deste proxecto?
Dar a coñecer todos os produtos de fusibox. com
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Para realizar as pezas están a utilizarse impresoras 3D FDM e de resina MSLA.
Para que funcione o ecosistema de fusibox realizouse o deseño dunha PCB. A esta engádeselle unha raspberry pi zero W para poder acceder a un Octoprint que Fusibox personalizou. Grazas a Octoprint o usuario terá acceso a todas as vantaxes que proporciona Fusibox3D a través da app e o navegador web.
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Como xa se comentou anteriormente, este produto proporciónalle un espazo de impresión 3D económico ao usuario que requira das vantaxes que proporciona Fusibox.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online