Proxectos

Ceip Pintor Laxeiro

Resumo do proxecto

Trátase dun robot Edison convertido en tren, segue o camiño polas principais cidades e finalmente chega a Finisterre.

 

Quen realizou o proxecto?

Gabriel Siles Gonzalez e alumando de Educación Infantil.

 

En que consiste o proxecto?

O tren axúdalles a coñecer onde están as principais cidades de Galicia. Hai paradas que representan a cidade onde o tren detense para que suban pasaxeiros. O tren deterase uns segundos para que os nenos e nenas o fagan. Continúa a súa viaxe ata o final do percorrido onde cambia a súa programación para ir seguindo a luz, a idea é que continúe ata o faro de Finisterre.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

A idea é identificar as principais cidades de Galicia, colocalas no mapa xigante e coñecer algúns datos relevantes de cada unha. Traballarase entre varias aulas e achegaranse os robots aos máis pequenos.

 

Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)

O tren é un Edison programado con edblocks para seguir liñas, deterse ao detectar obstáculos que representan cidades con códigos qr e coñecer datos da cidade. Ao finalizar o traxecto cunha lanterna pasamos á segunda programación que é un segue luces para guialo ata Finisterre. Os nenos axudan decorando o mapa, colocando os obstáculos nos seus lugares correspondentes ou levando a lanterna. A luz do faro é unha luz led cun circuíto moi sinxelo feito por alumnos de Educación Primaria.

 

Que achega este proxecto á Comunidade  Maker?

Achegamento da robótica aos máis pequenos, presentar outra forma de achegar a robótica á aula.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online