Proxectos

IES Maximino Romero de Lema

Na situación actual que vivimos por mor da pandemia COVID19 é moi importante facer que os centros educativos sexan lugares seguros para a comunidade educativa. Desde o IES Maximino Romero de Lema siguen traballando nun IES Seguro. Este ano é de vital importancia asegurar unha correcta ventilación das aulas para evitar contaxios pola COVID19.

Xurde o proxecto Gavieiro, un medidor de CO2 de baixo curto para instalar en todas as aulas que mida continuamente o nivel de CO2 no aire e alerte cando se superan os niveis recomendables cun sinal acústico e visual. De esta forma o profesor pode forzar unha ventilación forte na aula.

Gavieiro tamén mide a presión atmosférica e a temperatura, e almacena as medicións nunha base de datos para ser estudados posteriormente co fin de detectar problemas de ventilación e evitar riscos de contaxio.

Gavieiro está construido cunha placa compatible con Arduino (nodemcu) que ten conectados un sensor de CO2 e un sensor de temperatura e presión atmosférica. A caixa foi deseñada e impresa en 3D.

Membros do equipo: Marta Diz, Ángel Antelo, Fátima Martínez, Estéfano Moreira, Rubén Pena, Rubén Sánchez, Iván Suárez e Adrián Villar Busto.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online