Proxectos

Escola Mpal. de Música de Premià de Dalt

GlockensPlink! É un xogo musical de  canicas. Trátase de crear un circuíto  melódico con láminas de  glockenspiel (carrillón) sobre un taboleiro inclinado para facelo soar con canicas. O prototipo presentado foi construído con cartón, un taboleiro furado, láminas dun vello instrumento, espigas de madeira, cola e velcro. É totalmente desmontable e moi fácil de ensamblar.

Míriam López preséntanos este proxecto no que os nenos e nenas xogan a crear melodías elixindo as notas e a inclinación das mesmas, conseguindo así crear ritmos máis rápidos ou máis lentos. A continuación, sóltanse as  canicas e  Plink! Soa a melodía creada. Ademais, lanzando 2 ou máis canicas podemos crear efectos de  cánon. Está pensado para xogar a calquera idade. A diversión e a creatividade están garantidas!


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online