Proxectos

Grovemakers. Asoc de Comerciantes y Creadores

Quen somos?

Os Grovemakers somos un grupode artesáns, deseñadores ecreadores naturais do Grove ou afincados aquí, que decidimos fundar un colectivo para facer a nosa andaina no mundo comer-cial e creativo máis sinxela e enriquecedora. A asociación nace da necesidadede darnos visibilidade a nós mesmos, aos nosos proxectos e á nosa vila dende unha plataforma común.

Que facemos?

Aunando esforzos de xeito transversal, compartindo as habilidades e experiencias de cada un no seu eido para facer-mos o camiño mais doado.Sobre todo dende a nosa asociación queremos apostar por unha economía circular, sostible, social e máis xusta. Na actualidade as áreas de traballo dos integrantes abarcan disciplinas tan dispares como:ilustración, fotografía, deseño gráfico, edición,enmarcación, restauración de mobles, xoiaría, serigrafía ou téxtil.

As nosas metas

__ Poñermos en valor o traballo creativo e artesanal

__ Fomentarmos o emprendemento creativo

__ Visbilizarmos o traballo de novos creadores/as

__ Fomentar a sustentabilidade.

 

 

Marcas Asociadas

AWA

AWA é unha marca de produtos textís e accesorios de deseño A idiosincrasia galega como principal valor da marca. Estampan a man a arte das súas pezas e tamén o packaging, mediante un proceso de serigrafiado artesanal. Modelo de produción que colabora con outros artesáns do gremio e con provedores de proximidade. Algodóns de alta calidade, orgánicos e libres de tratamentos con químicos, os tintes ecolóxicos na estampación e os papeis con certificación FSC para o packaging. Os seus procesos de fabricación son sempre respectuosos co medio.

Aura Noctis

Enmarcación Creativa que nace no 2016 como proxecto paralelo a un obradoiro de enmarcación familiar de longo percorrido. Despois de moitos anos enmarcando as vosas obras, en Aura Noctis aventurámonos a facer creacións propias.

Bagbooks Complementos

Deseño de moda téxtil. Pezas que van dende fundas de libros como bolsos de diferentes tamaños, texidos e estampados, de formas simples, útiles e cómodos. Ademáis de neceseres,monedeiros, diademas, turbantes, coleteiros e camisetas ou sudaderas bordadas a máquina.Con opción de personalizar para lograr cousas únicas e irrepetibles. O mellor era poder estampalos á man co seu propio deseño ou bordados.

Camiño do Río

Carácter persoal e co SURF como eixe principal.Para as nosas creacións, empregamos a MADEIRA como protagonista, como é no caso das táboas de surf, pero tamén utilizamos materiais coma o coiro, teas, resinas tinguidas e madeiras reutilizadas...En cada produto buscamos sorprender, coidaros detalles, e personalizar cada obxecto facendo que sexan pezas únicas, exclusivas e feitas a man.Ademais das táboas de surf, facemos unha ampla variedade de produtos, entre os que destacan:Quillas, Bolsos, Mochilas, Carteiras, Trofeos....

Carracuca

CARRACUCA é o proxecto onde a ilustrado-ra Andrea Menéndez aglutina deseño,
artesanía, customización e o universotradicional galego.Os soportes ecolóxicos ou artesanais , osítems culturais, o rexionalismo e a afouteza daRAIGAME fan que o seu proxecto sexarecoñecible e tinguen a súa obra de todo oque nos fai sentir honra do noso pasadonunha mestizaxe cos estilos visuais devangarda.

Laura Meis

Laura Meis é un pequeno recuncho dixital onde a ilustradora e deseñadora gráfica vende láminas decora-tivas e ilustracións personalizadas que retratan lugares e recordos especiais.Traballa principalmente en debuxo dixital dende o seu ipad coa ferramenta “Procreate” ou ordenador (Illustra-tor ou Photoshop). Igualmente, gústalle investigar novas técnicas tanto dixitais como artesanais e poñelas enpráctica nas miñas creacións.

Laura Triñanes

Xoias artesanais que escapan da frialdade da produción en serie. Cada unha das pezas que saen do meu obradoiro son pezas únicas na sua feitura cun deseño en común. Fiel ás técnicas tradicionais feitas en metais preciosos.
A cor ten un papel importante e aparece a través de técnicas clásicas como o esmalte, a mestura de distintos metais, as pedras naturais...

Meu

Detrás de Serigrafia Meu está Antón, artesán serigrafista e peón gráfico Serigrafiameu imprime o teu logo sobre camisetas, suadoiros, tote bags, cuncas, bolsas depapel, etc.Catálogo de camisetas cheo de deseños propios.

Nefelibata

Nefelibata é unha marca de roupa única creada a partir de tecidos reciclados. A súa filosofía é darlle nova vida aos tecidos nun intento por contrarrestar a super producción das grandes marcas
Ademáis, traballan na integración laboral das mulleres en diferentes zonas rurais da India, esinando técnicas de costura e bordado, e proporcionando un salario e condicións xustas.O mimo é o ingredinte segredo para crear tesouros de gardaroupa que perdurarán no tempo.

Patas de Peixe

Editora meca, galega e universal.Traducimos e editamos libros de todas as partes do mundo
Publicamos en Galiza e en galego porque pensamos que a través da literatura manteremos a
chama viva danosa lingua acesa e viva.

Ruxe

Quinta xeración de colareiras, autodidactas...Para nós crear é a nosa profesión, crear e aprender a tratar con novos materiais para abrir a inspiración e seguir crecendo.Traballos únicos e artesanais, todos son diferentes. Reciclamos e damos unha segunda vida a materiais que a natureza nos propicia, como cunchas, paus ou cristais que atopamos nas praias...

OFF Connection

En OFFCONNECTION creamos roupa e complementos a partir de excedentes de stock. Os produtos son de edición limitada, e exclusivos tanto no seu deseño como na súa fabricación. Cada deseño é produto dunha idea, da procura da combinación perfecta entre utilidade, estética e confort.
Como amantes da natureza, buscamos unha produción responsable e un proceso produtivo acorde cos nosos valores: o respecto humano e o coidado do medio ambiente.

Selébrities

Selébrities son ideas transformadas en deseños cos que invitamos a facer unha homenaxe  a personaxes míticas, películas ou cancións que todos coñecemos. Serigrafía tradicional para trasladar os nosos deseños a camisolas, totebags ou suadoiros. Tamén calcetíns e pezas textiles bordadas. Compartimos o noso traballo con pequenos obradoiros españois, tratando de que as nosas prendas sexan da maior calidade e o máis éticas posibles.

https://grovemakers.com/

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online