Proxectos

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

Este proxecto, levado a cabo por un profesor e os seus alumnos e alumnas de Educación infantil do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas, consiste na creación dun instrumento musical, unha guitarra eléctrica completamente funcional grazas á programación coa Makey Makey.

Con este proxecto preténdese fomentar o interese por proxectos  STEAM entre os nenos e nenas de idades temperás, á vez que traballan a expresión musical. 

Tendo en conta a súa idade, todos os pasos de programación están realizados polo titor mentres que eles encárganse do tema de crear a guitarra e o seu posterior uso. Para esta actividade soamente necesítanse os accesorios e a placa  Makey Makey (programada con  Scratch), cartón ou  porexpán para elaborar a guitarra, material funxible e papel de aluminio que nos permite conectar a guitarra á placa.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online