Proxectos

MakersPRO VermisLAB

Resumo do proxecto

Neste proxecto preséntase un videoxogo para fomentar o deporte nas persoas novas. O videoxogo detecta os teus movementos e inflúen nel.

 

Quen realizou o proxecto?

Realizámolo entre sete nenos do grupo de Makers Pro de VermisLab.

 

En que consiste o proxecto?

Consiste nun videoxogo entretido que se podería xogar pola rúa e deste xeito poder facer deporte dunha maneira moito máis divertida. Ademais consta dalgúns instrumentos que serven para crear a túa experiencia máis intensa. O proxecto consta dun videoxogo estilo RPG de combate por turnos onde un dispositivo detecta os teus movementos e estes influyen no desarrollo do xogo. Deste xeito os/as usuarios/as poden quedar para xogar e facer deporte xuntos.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

Os videoxogos fan que moita xente pase gran parte da súa vida na casa, polo que este proxecto fíxose co fin de que a xente que non tende a facer deporte e lle gusta xogar a videoxogos, poda practicar deporte dunha maneira máis próxima a súa realidade.

 

Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)

Creamos un videoxogo no que ti podes quedar cun amigo/a nun sitio previamente elixido polo xogo, para batallar e poder realizar calquera movemento. Deberás facer ademais uns retos que che propondrá o propio xogo. Os/as xogadores/as teñen que facer movementos físicos (sentadilla, levantar unha pesa) cuns disposiivos que son capaces de detectar estes movementos e influir na dinámica do xogo. Para desenvolvelo empregouse Unity e para os dispositivos de medición Arduino. O/a usuario/a poderá interactuar cos diferentes instrumentos para testear o xogo.

 

Que achega este proxecto á Comunidade Maker?

Unha alternativa máis divertida e moderna de facer deporte para esa xente á que non lle apetece facelo. A Comunidade Maker beneficiarase do uso das tecnoloxias abertas neste proxecto e poderán testealas e melloralas.

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online