Proxectos

 

Conéctate en directo

02/06/2021    

A incubadora  High  Tech Auto é a primeira incubadora en España especializada no sector automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados, e está aquí en Bouzas na sede do Consorcio na Zona Franca en Vigo. Se crees que a túa idea/proxecto é de utilidade para automoción  High  Tech Auto pode ser unha boa vía de entrada, é unha gran oportunidade para facelo realidade. Vantaxes da incubadora:  

 - Proceso de incubación gratuíto

- Autolab–MakerLab de fabricación (Áreas de conectividade (5G), dixitalización e automatización (Realidade Virtual/Realidade Aumentada), electrónica, TIC – equipos informáticos ( apps  Hard e Software),  prototipado rápido (impresión 3D)).

- Formación e  mentorización personalizada (negocio, internacionalización, financiamento)

- Acceso a espazos de traballo  Co-Working de emprendedores e salas de reunións

- Programas de  networking co sector e  tecnólogos

- Acceso a financiamento

- Teñen varias convocatorias abertas por ano, non dubides en consultar a súa web prazas limitadas!

Esta iniciativa está promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e pola Xunta de Galicia a través do Instituto  Galego de Promoción Económica (IGAPE). É un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo  Plurirregional de España 2014-2020 da Fundación Incyde.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online