Proxectos

CIFP Ferrolterra

O proxecto desenrolouse nun grupo de FP Básica do CIFP Ferrolterra de electricidade e electrónica, e consiste na conversión dun forno doméstico que xa non traballaba nunha incubadora de ovos. 

Os ovos incubados son da galiña de Mos, unha das razas autóctonas protexidas e os pitiños nacidos durante as probas da incubadora déronse en adopción. 

O proxecto está enfocado a resaltar a utilidade práctica das ensinazas propias en FP Básica, e conta cunha páxina onde se pode seguir todo o proceso no blog, ademais de poder descargarse o código para Arduino, o esquema de montaxe e o STL para a acrátula. Tamén conta con propostas para traballar na aula de contidos propios do curriculum. 

Non te perdas o nacemento dos pitiños seguido por streaming estes días do evento. Ademais tedes a oportunidade de adoptar un pitiño (formulario adopción)  para o voso centro que se entregaría xunto con material divulgativo por parte da BOAGA sobre a galiña de MOS.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online