Proxectos

Francisco Laport

As interfaces home-máquina (HMI) representan unha nova canle de comunicación entre as persoas e os obxectos da súa contorna que non depende das canles de comunicación habituais.

A través do emprego de software e hardware aberto, este grupo de UDC- CITIC  desenvolveu un sistema  HMI completo. Por unha banda, empregouse unha placa  OpenBCI para a captura dos sinais de  Electrooculografía ( EOG) e de  Electroencefalografía ( EEG). Doutra banda, desenvolveuse unha  GUI totalmente  configurable para a presentación de estímulos utilizando dúas paradigmas: os elementos para controlar intensifícanse un a un, ou todos os elementos dunha mesma fila/columna intensifícanse conxuntamente ao mesmo tempo. Desta forma, o usuario pode adaptar o sistema á súa situación particular. 

Este sistema ten gran utilidade para persoas con dificultades  motrices severas ou aqueles que, aínda conservando certo control muscular, fatíguense facilmente.

Membros do equipo: Francisco  Laport, Paula M. Castro, Francisco  J. Vázquez-Araujo e Adriana Dapena.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online