Proxectos

 

O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) proporciona solucións  avanzadas aos sectores produtivos da sociedade, especialmente a empresas, industrias e administracións públicas. A súa principal función é a transferencia de tecnoloxía  matemática para axudar á mellora da competitividade e apoiar a innovación no sector  produtivo. 

ITMATI é un consorcio público, participado polas tres Universidades galegas, coa vocación de ser un centro de investigación tecnolóxica de referencia a nivel internacional no ámbito da Matemática Industrial. Ademais de persoal propio, ITMATI conta coa experiencia e colaboración de nove grupos de investigación en Matemática Industrial das 3 universidades galegas, todos eles con ampla traxectoria e recoñecido prestixio no desenvolvemento de solucións para o mundo da empresa. 

As súas solucións integran a tecnoloxía matemática máis avanzada para contribuír de forma  decisiva a xerar valor engadido en múltiples sectores de actividade económica e en temas  moi diversos, como o control de calidade, a simulación e optimización de procesos ou a xestión e planificación de recursos. 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online