O Grupo de investigación DSN dará a coñecer as ferramentas que nos últimos anos ven desenvolvendo e empregando na análise de problemas biomecánicos.
En que consiste?
O proxecto que se presenta consiste na realización dunha xornada interactiva cos visitantes durante a cal se darán a coñecer as ferramentas empregadas para a análise de sistemas biomecánicos e os principais proxectos que se desenvolveron neste eido.
Por unha banda, mostraranse ao público as principais ferramentas empregadas no laboratorio de biomecánica de DSN para a realización de análises biomecánicas: dende a toma de medicións a través de técnicas de captura de movementos e electromiografía ata a creación de modelos biomecánicos virtuais.
Por outra banda, exporase o proceso de creación dos modelos de simulación empregados nos últimos anos para a análise de próteses como válvulas aórticas, stents e placas para remodelación ósea e os resultados obtidos a partir destos xemelgos virtuais.
Cal é a finalidade?
A finalidade deste proxecto é dar a coñecer os novos avances en técnicas de análise biomecánica que emprega o grupo de investigación DSN. Deste xeito preténdese fomentar a interrelación cos asistentes e a búsqueda de sinerxias con empresas, grupos e particulares que se poidan beneficiar do emprego destas para a mellora da calidade de vida das persoas ou da eficiencia do proceso de deseño de productos biomédicos.
Como funciona?
A xornada interactiva que se pretende desenvolver busca por un lado mostrar ao público o proceso de creación de modelos de simulación biomecánicos mediante videos explicativos e o potencial destas tecnoloxías mediante demostracións in situ do seu funcionamento. Así mesmo, realizaranse demostracións do manexo de dispositivos de medición como é a captura da actividade eléctrica muscular a través de técnicas de electromiografía.
Que achega á Comunidade Maker?
O emprego de tecnoloxías de simulación supón unha ferramenta interesante dentro do proceso de creación dun novo producto, xa que permiten o desenvolvemento do que se veñen chamando os xemelgos dixitais.
Estos xemelgos dixitais poden ser de gran axuda nas etapas de deseño do producto xa que nos permiten poder anticiparnos ao funcionamento deste sen a necesidade da creación dun prototipo. Deste xeito, redúcese notablemente os ensaios e a experimentación necesaria para a validación do deseño.
Por outra banda, os xemelgos dixitais tamén participan na avaliación do funcionamento do producto final dentro dunhas condición de traballo concretas proporcionadas pola anatomía particular do paciente.
En canto aos modelos de simulación para a análise biomecánica, estos permítennos obter unha información máis precisa e obxectiva que os métodos empregados habitualmente e poñer a disposición do usuario avaliacións clínicas que ata o de agora so se podían realizar mediante tests in vivo.
Quen o realizou?
O investigador José Ángel López Campos encabezou coa súa tese doutoral a posta en marcha da liña de investigación en biomecánica do grupo DSN. Na actualidade, nela traballan tamén outros membros como Sofía Suárez e Abraham Segade.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online