Proxectos

Makers4 VermisLAB

Resumo do proxecto

Neste proxecto preséntase un entretido xogo estilo  RPG para ensinar aos máis novos a como identificar información fiable na internet.

 

Quen realizou o proxecto?

Grupo de  alumn@ s de  Makers 4 de  Vermislab.

 

En que consiste o proxecto?

Neste proxecto traemos unha proposta diferente deseñada para concienciar á xente sobre o problema que supón a desinformación na rede.

 

Presentamos un xogo con curiosas mecánicas de combate, no que tes que salvar o mundo dunha organización que está a filtrar información falsa e destruíndo a sociedade desde dentro. Con personaxes en grao sumo carismáticos que che axudarán ao longo de toda a túa aventura a superar as dificultades e concienciarse sobre as  Fake News.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

Concienciar aos xogadores sobre o problema da desinformación e ensinarlles a detectar  Fake News.

 

Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)

Un videoxogo de estilo  RPG por quendas no que debes identificar noticias verdadeiras e falsas para derrotar ás ras inimigas. Son utilizadas tecnoloxías como:  Scratch,  Pictoblox,  Drive, Documentos de Google...

 

Que achega este proxecto á Comunidade  Maker?

Fomentar un espírito crítico fronte ao problema da desinformación e liberdade para compartilo debido a que está desenvolto con tecnoloxías abertas.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online