Proxectos

IES Monte Neme

Este proxecto, levado a cabo polo IES Monte Neme en colaboración con Allnet Ibérica e ASFABER ten como obxectivo realizar unha infraestructura LoRa NEtwork/Server propia. LoRa é unha tecnoloxía de transmisión sen fíos que permite comunicar datos a moi longa distancia e con baixo consumo de enerxía.

Unha vez realizada a infraestructura estase a utilizar para implementar medidores de CO2 e VCO en todas as aulas e talleres do centro educativo co obxectivo de monitorizar as condicións ambientais dos lugares de traballo e lecer do alumnado e profesorado e actuar en consecuencia en caso de superar un valor de referencia seguro.

Outra das aplicacións é, xunto coa asociación ASFABER, axudar ao control das persoas maiores que padecen Alzhéimer implementando un sistema de xeolocalización.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online