Proxectos

IES de Ortigueira e CIFP Ferrolterra e IES de Ortigueira.

En que consiste?

Trátase da fabricación de diferentes complementos de vestir e accesorios de madeira, introducindo módulos electrónicos con diferentesfuncionalidades, que poidan ser personalizables grazas ó gravado e corte de madeira por láser ou control numérico. A idea deste proxectoé en síntese combinar as novas tecnoloxías aparecidas no mundo da madeira, carpintaría e ebanistería, coa instalación de móduloselectrónicos en diferentes elementos de vestir fabricados en madeira (gravatas, paxariñas, broches, bolsos...), dotándoos de intelixenciapropia (luces, sensores, chips nfc...). Inclúese tamén a fabricación dun carriño para a exposición de todos os elementos que compoñen“Madeira de Vestir”.

Cal é a finalidade?

A finalidade deste proxecto é dar a coñecer aos nosos alumnos unha posibilidade de negocio vistosa e novidosa, combinando móduloselectrónicos coa fabricación e gravado de elementos de madeira con máquinas láser e de control numérico.

Como funciona?

Este proxecto combina o traballo tradicional da madeira con máquinas convencionais con outras de gravado e corte por láser ou control numérico. Tamén é importante a introdución de elementos electrónicos como luces led, sensores, chips nfc...

Que achega á Comunidade  Maker?

"Madeira de Vestir" materializa un achegamento do mundo da madeira, a carpintaría e ebanistería ao mundo electrónico actual.

Quen realizou o proxecto?

Os Departamentos de Madeira e Moble do IES de Ortigueira e CIFP Ferrolterra, e o Departamento de Tecnoloxía do IES de Ortigueira.

 

Páxina Web

https://www.facebook.com/people/Madeira-Ortigueira/100069096906013

https://www.instagram.com/madeiraortigueira/

 

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online