Proxectos

Julio Caso de los Cobos Fidalgo

Libro, con vídeos, ligazóns a compoñentes necesarios e grupo de telegram para dúbidas, no que ensino a crear efectos de ilusionismo con electrónica.


En que consiste?

 O proxecto consta dun libro, unha web e un chat en telegram (similar a whatsapp). Neste proxecto ensino a crear efectos de ilusionismocon electrónica e dáse apoio para dúbidas e compartir ideas.

Libro: O libro está a cor, con fotos dos compoñentes, códigos qr dentro do libro para acceder aos vídeos explicando como programar ymontar os efectos.

WEB: Tes acceso á miña páxina web desarrolloapp.top onde está todo incluído. Na web podes ver os vídeos que accedes a través dos qren o libro e máis vídeos que inclúo cada pouco, por se se necesita algunha explicación a maiores. Tes ligazóns dos compoñentes necesarios en cada proxecto a diferentes tendas, para que montalos sexa o máis cómodo posible. Tes un apartado na web onde comento novos compoñentes que atopo no mercado ou novos libros que axudan neste tema de maxia con electrónica.

TELEGRAM: Existe un grupo privado para os que teñen o libro, que poden expor dúbidas do libro e compartir ideas.

Cal é a súa finalidade?
 Ensinar electrónica a todo aquel interesado, desde outro punto de vista diferente ao habitual.
 

Como funciona? 
O proxecto utiliza o microcontrolador ESP32, compoñentes básicos de electrónica, equipos tecnolóxicos (impresora bluetooth etc...) ytambién a plataforma App Inventor.

Que achega á Comunidade Maker?
Aprender a utilizar a electrónica nun campo novo ao habitual.
 

Quen o realizou?
Julio Caso dos Cobos Fidalgo

 

https://desarrolloapp.top

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online