Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

O alumnado do FabLab do Colexio Salesianos Santo Ángel Avilés levou a cabo este proxecto que consiste nun espello intelixente que mostra a nosa axenda, dá o tempo, mostra diferentes frases personalizadas de Don Bosco, di a música que estamos a escoitar e informa das noticias de última hora. 

Para poder elaboralo os/as alumnos/as tiveron que cortar coa cortadora láser a lámina de metacrilato á que posteriormente se lle pegou un vinilo de cristal, tamén tiveron que construír o marco do espello. Reciclouse un monitor vello 4:3 para poder axustalo pola parte de atrás do vinilo e mediante unha  Raspberry e JavaScript programáronse os diferentes módulos que conforman o MagicMirror.

Ademais axustáronse ao redor da parte traseira do espello unha tira de leds mediante un Arduino Nano para que puidesen ir cambiando de cor.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online