Proxectos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Tratase dun dispositivo sinxelo de empregar, pero que permite levar a cabo moitas aprendizaxes do noso proxecto "a cociña e os alimentos"

En que consiste o proxecto?
Consiste en que os nenos e nenas aprendan a diferenciar unha alimentación saudadable da non saudable,ademais de iniciarse no mundo da programación e a electrónica.

Cal é a finalidade deste proxecto?
Achegar as novas tecnoloxías ao alumnado conectando o mundo virtual ao mundo real.

Como funciona o proxecto?
Creando un circuito pechado ao suxeitar o cable (toma de terra) e tocar un alimento (conductor deelectricidade) conectado ao cable crocodrilo. Unha vez pechado o circuito, o ordenador recibirá unhasinal, grazas a conexión usb, de maneira que o interpretará coma se dunha pulsación de tecla se tratase.

Que achega este proxecto á comunidade maker?
Compartir a nosa experiencia dende o ámbito escolar, facendo ver que o alumnado adquire coñecementose competencia dixital.

Quen realizou o proxecto?
O alumnado de 6o de educación infantil

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online