Proxectos

Sergio Dacal - VermisLAB

O proxecto do brazo robótico, levado a cabo por Sergio Dacal, está controlado por intelixencia artificial e sensores musculares. Xurdiu da idea de poder axudar a persoas con certas discapacidades físicas dunha maneira maker e que non fóra especialmente cara como as actuais opcións no mercado.

O proxecto en si pódeo levar a cabo calquera persoa cunha impresora 3D e un mínimo coñecemento de Arduino no caso de calibrar os sensores e personalizar o funcionamento do propio brazo, é importante recalcar que este é un prototipo e aínda que sexa funcional completamente é importante destacar o feito de que é unha simple versión de proba que irá evolucionando para ser mellor e máis ergonómica.

As partes que o compoñen son apenas tres, o corpo impreso en 3D e ensamblado só coa axuda de silicona quente, os motores que xunto coa sedela que os une coas puntas dos dedos e as gomas elásticas que lle dan o movemento de retorno ao dedo, fan que estes se movan. Son cinco servos en total, un por cada dedo. E por último o microcontrolador e a fonte de alimentación, no meu caso utilicei un Arduino un de microcontrolador e unha fonte de computador para unha maior amperaxe que era necesario para os servomotores.

Con respecto aos sensores, o brazo pode funcionar en dous modos, un que se conecta por un sensor e eléctrodos a un grupo muscular concreto e a partir de aí recoñece os sinais musculares de tensión e relaxación do músculo, e o Arduino en consecuencia transmítellas aos servos en forma de movemento. O outro modo é cunha webcam e unha intelixencia artificial que está a ser executada no computador, este modo é por así dicilo inalámbrico e funciona recoñecendo xestos predeterminados que nós lle ensinamos previamente no adestramento e así cando detecte por exemplo o xesto de “man pechada” pois lle transmita directamente o sinal aos servos e pechen mánoa robótica.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online