Proxectos

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Un grupo de alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo desenvolveron este proxecto que consiste nun complemento de vestuario que permite alertar cando a distancia  social sexa menor de 1,5 metros, sendo así un gran aliado para evitar o contaxio do Covid-19.

Partindo do traballado en programación por bloques con Scratch, levaron a cabo experimentos con Mblock, empregando un Mbot para probar o funcionamento do sensor de distancia e as posibilidades de alerta. 

Finalmente realizaron varios deseños, prepararon a electrónica e programaron a Micro:bit para que o seu dispositivo e-téxtil alertara a través de sinais acústicas e/ou visuais.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online