Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

Este proxecto, desenvolto por parte do alumnado do FabLab do Colexio Salesianos Santo Ángel Avilés, consiste nun  mapping realizado sobre un busto de Aristóteles fabricado en 3D que simula coma se o filósofo estivese a falar.

Para a súa realización, os/as alumnos/as tiveron que imprimir o busto de Aristóteles e crear toda a animación coa cara do filósofo para que dese a sensación de estar a falar. Os/as alumnos/as tiveron que gravar e editar todos os audios que versan sobre a vida do filósofo. Ademais tiveron que programar coa aplicación de  mapping para que este traballo fose interactivo. 

Este proxecto xurdiu ao tratar de buscar outras formas de traballar os contidos dunha materia, Filosofía neste caso, fuxindo das presentacións e as clases tradicionais.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online