Proxectos

IES Maximino Romero de Lema

Sistema para o control das condicións ambientais en diferentes espazos físicos.

En que consiste?

Deseñar un sistema centralizado para o control desde unha aplicación web das condicións ambientais en espazos físicos, por exemplo nas aulas dun centro educativo para garantir que é un espazo seguro e confortable para o alumnado. O sistema mide humidade, presión atmósferica, temperatura, CO2, ruido, etc.

Cal é a finalidade?

 A posibilidade de dispoñer dun sistema de control das condicións ambientais en diferentes espazos físicos.

Como funciona ? 

Deséñanse medidores de baixo custo baseados en Arduino, instalados nas aulas con conectividade inalámbrica que están a medir continuamente as condicións ambientais e a calidade do aire nas aulas e almacenándoo nunha base de datos. Tamén se deseña unha aplicación web que permite consultar de forma centralizada os datos e detectar espazos non seguros para a comunidade educativa.

Este proxecto é unha evolución do proxecto COANA, engadindo novos sensores e explotación de datos vía web.Tecnoloxías: Arduino, Sensores de medición, Linguaxes de programación, Aplicacións web, Redes sen fíos.

Que achega á Comunidade Maker?

 A posibilidade de dispoñer dun sistema de control das condicións ambientais nas aulas e diferentes espazos físicos dun centro educativo.

Quen realizou o proxecto?

 Alumnado de ciclo básico (montaxe do dispositivo) e ciclo superior de desenvolvemento de aplicacións web (base de datos e aplicaciónweb).

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online