Proxectos

IES de Ortigueira

O IES de Ortigueira participa co CITIC e ASPACE Coruña no proxecto Talentos Inclusivos deseñando e construíndo 2 mesas de luz e 1 abecedario.

En que consiste o proxecto?
Nesta terceira convocatoria do Proxecto Talentos Inclusivos na que participa o IES de Ortigueira, a finalidade é a de deseñar e construír 2mesas de luz para os usuarios de ASPACE Coruña, ademais de 1 abecedario con letras de resina epoxi.

Cal é a finalidade deste proxecto?
Dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos multidisciplinares de traballo para resolver un reto tecnolóxico plantexadopor persoas con parálise cerebral. Outro dos seus obxectivos é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering andMathematics) entre os rapaces.A través de este proxecto, alumnos e alumnas de 1o e 4o de ESO do IES de Ortigueira, proceden a buscar unha solución tecnolóxica a unreto proposto polos usuarios da entidade ASPACE.

Como funciona o proxecto?
Trátase de unha superficie con base luminosa que permite aos seus usuarios poder experimentar de forma sensorial e poder mellorar amotricidade fina (unha das características das persoas con parálise cerebral é que soen ter problemas coa motricidade nas mans). A luzatrae de forma natural e transforma os materiais dándolles unha nova dimensión.Emprega unha tira LED RGB que permite experimentar a través dun metacrilato óptico.

Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Permite convertir a Tecnoloxía nunha aliada que permita axudar a persoas con parálise cerebral a solucionar problemas do seu día a día.

Quen realizou o proxecto?
Proxecto multidisciplinar entre o Departamento de Tecnoloxía e o Departamento de FP Madeir e Moble do IES de Ortigueira, dentro doproxecto Talentos Inclusivos impulsado polo CITIC (UDC) a favor de ASPACE Coruña.

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online