Proxectos

Ceip. Plurilingüe Gregorio Sanz

Consiste en facer unha maqueta da Vila de Ribadeo para poñer en práctica todo o aprendido neste curso: coordenadas, conexións, Scratch, 3D..

De que trata o proxecto?
Na realización dunha maqueta de Ribadeo de 1,50 x 1,40, dividida en cuadrículas de 10x10, sobre a que camiñará un robot decorado con personaxes emblemáticos de Ribadeo. Sobre a maqueta haberá diferentes edificios realizados polo alumnado cunha gran variedade de materiais e técnicas pictóricas, pegados sobre siluetas de cartón para conseguir un efecto 3D. Diante de cada edificio haberá un código QR que nos levará á imaxe real e ao nome do edificio. O modelo converterase nun taboleiro interactivo usando o taboleiro Makey Makey para almacenar os podcasts sobre os edificios. Tamén dispón dun punto de información feito co microbito para acoller e un estuche para gardar a tarxeta e a batería.

Cal é a finalidade deste proxecto?
Realizar diferentes rutas a modo de xogo de pistas (coordenadas) pola maqueta de Ribadeo para coñecer: edificios, historia, curiosidades...

Como funciona o proxecto?
Como modo de xogo, realizando diferentes rutas polo taboleiro: rutas ás igrexas, descubrimentos, defensa.... Deberán tirar un dado para coñecer a ruta coa que xogarán.O robot partirá dun cadrado e irá a un coordenada. Alí deberán escanear o código QR para recoñecer o edificio, buscar a súa réplica en cartón e colocala na maqueta. Escoita o audio para coñecer o edificio e continúa viaxando ata a seguinte coordenada. O percorrido rematará na Illa Pancha onde se soará unha canción típica de Riba e se acenderán as luces. Entregarase como premio unha moeda "picariña".

Que aporta este proxecto á comunidade Maker?
Creatividade utilizando diferentes técnicas, materiais, tecnoloxías...

Quen levou a cabo o proxecto?
Todo o alumnado do centro, titores, profesor de música, profesor de Artes e oficios e profesorado doutras especialidades.

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online