Proxectos

NANOGAP

NANOGAP é unha empresa de investigación e desenvolvemento de nanomateriales baseada na nova plataforma tecnolóxica de Moléculas Metálicas (M-M), unha forma de partículas subnanométricas compostas de só uns poucos átomos, cun tamaño e unhas propiedades únicas que varían segundo o número de átomos e a disposición destes.
Esta tecnoloxía disruptiva permite o axuste átomo a átomo para ofrecer propiedades novas ou melloradas, entre as que destacan as súas propiedades catalíticas, electrocatalíticas e fotocatalíticas, chegando a mellorar en ordes de magnitude a eficiencia das reaccións biolóxicas, químicas e fotoquímicas.
NANOGAP naceu cunha visión global: ser líderes mundiais en tecnoloxía subnanométrica (Moléculas Metálicas, M-M ou AQCs de Atomic Quantum Clústers) e un referente mundial en nanotecnoloxía. De está maneira está a desenvolver múltiples produtos e oportunidades de mercado baseándose nesta plataforma tecnolóxica única, as M-M. Os mercados/aplicacións máis relevantes aos que se dirixe son: recubrimentos antimicrobianos/antivirais, materiais condutores para electrónica, catalizadores para “cleantech”, materiais terapéuticos e produción fotoelectrocatalítica de H2. En 2018 constituíuse Arjuna Therapeutics, empresa que desenvolve as aplicacións terapéuticas das M-M e cuxo foco inicial está centrada en fármacos contra o cancro (hoxe NANOGAP segue mantendo a maioría no accionariado), e en 2021 constituíu HySun Energy, empresa de enxeñería que desenvolve procesos fotocatalíticos de produción de hidróxeno 100% limpo baseados nas propiedades fotocatalíticas das M-M para a separación da molécula de auga en hidróxeno e osíxeno.

 

http://www.nanogap.es/

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online