Proxectos

Aulas Tecnópole

Consiste no uso de distintos prototipos mediante as ondas cerebrais, grazas ao programa Arduino que comparte unha conexión co sensor de EEG.

En que consiste?

No noso proxecto, deseñamos dispositivos que son capaces de executarse coas ondas cerebrais que emitimos. En concreto, contamos con dous prototipos funcionais: un coche e un ventilador. Ambos empregan o mesmo funcionamento, de maneira que ao chegar ondas beta (13-33Hz) no noso programa conseguen ser accionados, producindo o movemento das rodas no caso do coche e a hélice no caso dos ventiladores.

Cal é a finalidade?

A finalidade é, utilizando dispositivos baixo custo de EEG, estudar o seu uso no ámbito da educación e a divulgación científica. Desenvolvemos diferentes dispositivos e programas que permiten tanto traballar a concentración con alumnos con déficit de atención como dar un uso lúdico e educativo das citadas técnicas.

Como funciona?

O proceso que empregamos consistiu en varios pasos:

Documentación previa: Na que nos informamos sobre os diferentes aspectos que engloba o noso proxecto.

Deseño en 3D dos soportes con tinkercad e unha impresora 3D.

Elaboración dos programas necesarios para o seu funcionamento con Arduino e Python.

Montaxe e finalización dos prototipos.

Que achega á Comunidade Maker?

O noso proxecto achega unha unión de diferentes disciplinas como a robótica, a bioloxía e a tecnoloxía. Ademais de permitir unha divulgación da ciencia de forma máis dinámica e atractiva para todos os públicos. Por último, tamén facilitando o seu uso lúdico para nenos con discapacidades e unha aplicación educativa que poida empregarse en calquera aula.

Quen o realizou?

Iria Fernández González.

Irene López García.

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online