Proxectos

Muutech Monitoring Solutions S.L.

Muutech nace co propósito de axudar a empresas industriais a reducir os tempos de parada de liñas produtivas e maquinaria, mediante a predición e redución do tempo de resposta ante fallos e a monitoraxe completa e centralizada de todos os elementos do servizo.

Muutech axuda a mellorar a competitividade da planta produtiva e a tomar decisións en tempo real sen perder tempo xerando reportes. Os datos son claves para a dixitalización, a calidade e a detección de problemas na túa planta, pero actualmente tes que dedicar horas a traballalos en Excel. E non estás seguro destes datos, xa que moitos foron recollidos a man ou aproximados en base a intuición. Ademais, son datos de onte.

Para iso desenvolveron Minerva, unha plataforma de monitoraxe industrial. Minerva permite a recollida, análise, alarmado e visualización de datos en tempo real de todo tipo de fontes (máquinas, autómatas, sensores, ERP, MES, equipos  IT, etc.). A plataforma permite acceder de forma segura aos datos a través de cadros de mando personalizados para cada usuario: operarios, responsables, dirección, etc. e desde calquera dispositivo: móbil,  tablet,  PC ou pantallas na planta.

Estas funcionalidades permítenche a ti ou aos usuarios que a utilicen, tomar decisións en tempo real baseadas en datos, sen perdas de tempo, axudando á empresa con boas prácticas para que a curva de aprendizaxe sexa cero, e impactando de forma significativa (e positiva) na conta de resultados da mesma.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online