Proxectos

Asociación Tecnolóxica A Industriosa

En que consiste?

MiniTKL é un teclado mecánico compacto pero que non renuncia a nada. Concentra na mínima expresión todas as teclas dun teclado "Ten keyless", e aínda ten sitio para tres NeoPixels. 

Cal é a finalidade?

Ofrecer un teclado cómodo e de calidade, que ocupe pouco espazo na mesa, de maneira que non sexa necesario escribir "de lado" nin ter o rato moi separado.

Como funciona?

Utiliza QMK como firmware, o que lle dá unha gran versatilidade.

Que achega á Comunidade  Maker?

Como o deseño é completamente libre, calquera pode fabricalo, modificalo, melloralo e adaptalo ás súas necesidades.

Quen realizou ou proxecto?

Asociación Tecnolóxica A Industriosa


 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online