Resumo do proxecto
Planetario interactivo, con paneis táctiles, tinta conductiva, programación, arduino, proxección holográfica, RV, RA, corte láser e idiomas.
Quen realizou o proxecto?
Alumnos de 1º Bacharelato:
Irene González Mariño, Irene Fernández Pavesio, Mónica Gutiérrez García, Jorge López Álvarez, Luz González Campo, Aldara Pérez, Mara López, Laura García García, Iker Gil Saiz, Tomás Arduengo, Andrea Méndez Ramírez,Alejandro Álvarez, Noé López, Enrique Torres.
En que consiste o proxecto?
Este proxecto consiste en ensinar de forma didáctica, divertida e visual aos nenos máis pequenos toda a información coñecida sobre o sistema solar e o universo. Para iso, pintamos a man e con pinturas fluorescentes, nove paneis cos seus respectivos planetas e o Sol que colocamos ao longo dun corredor, o cal acondicionamos para darlle un aspecto escuro e relaxante, propio dos planetarios e con luz ultravioleta. Ao final dese percorrido espéralles un holograma da Terra que conta curiosidades sobre o noso planeta que moitas veces non coñecemos. Ademais, na outra parede do corredor pintouse a escala unhas liñas que reflicten o diámetro do Sol respecto a os planetas para así mostrar o grande que é.
Cal é a finalidade deste proxecto?
O planetario ten como finalidade principal ensinar dunha forma diferente, máis orixinal. Démonos conta de que hai que avanzar moito no ensino e cremos que este é un paso moi acertado. Queremos que os nosos compañeiros poidan aprender máis facilmente e innovar con iso. Tamén hai que considerar que o traballo que realizan uns alumnos poida chegar a axudar a outros é unha parte moi importante porque se aprende ensinando. Outro obxectivo do planetario era fusionar as TICs con outras disciplinas como música, arte, filosofía e ciencia dunha forma moi visual.
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Nos paneis nos que pintamos os planetas, cravamos unha estrela pintada con tinta conductiva. O cravo sobresaía por detrás, polo que conectamos os cables, con conectores crocodilo, a unha touch board. Nela atopábanse os distintos audios de cada planeta, e para activalos só tes que tocar a estrela. A electricidade condúcese a través da tinta e chega ao cable, ata que alcanza á touch board e reprodúcese o audio polos altofalantes conectados. Entre Marte e Xúpiter colocouse unha cortina de bólas de porexpán que tentan reflectir o cinto de asteroides.
Ademais, levamos a cabo algúns talleres de realidade aumentada, realidade virtual e reprodución de vídeos onde se convidaba á reflexión da grandeza do universo e da nosa existencia.
O Sistema Solar, os planetas, serviron de inspiración ao home para compoñer música, por iso á beira de cada panel existe un código QR que nos levará a un audio sobre a música representativa dese planeta.
Por outra banda, preparamos unha ficha de realidade aumentada sobre o Sistema Solar. Estas se colorean e despois, grazas a unha aplicación nas tablets, pódese ver a imaxe do Sistema Solar en 3D. Os participantes deben acertar o nome dos planetas e finalmente orbitarán ao redor do sol. Se se fai clic encima de cada planeta aparece información sobre o mesmo.
Na actividade de realidade virtual, colocamos un vídeo en 360º, no cal podían ver todo o sistema solar mentres escoitaban información sobre o planeta que tiñan preto.
Ademais, nunha das salas que hai no corredor, producimos dous vídeos nos que podían ver a diferenza de tamaños entre planetas e corpos do universo xunto con outro vídeo creado polos alumnos de bacharelato, no cal se falaba sobre controversias do universo e onde se convidaba a un momento de reflexión.
Por último, no corredor, colocamos un holograma no cal se vía o planeta terra grazas a un prisma feito de metacrilato. Mentres este proxectábase, podíase escoitar un audio que falaba sobre o holograma, neste caso, da Terra.
Este holograma ten como finalidade concienciar sobre que non hai planeta B e que debemos coidar o que temos.
Todas estas actividades foron realizadas polos alumnos utilizando a metodoloxía DIY.
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Achega unha maneira de aprender distinta á cotiá, con actividades interactivas e interesantes. Proporciona medios visuais e rechamantes para captar a atención do espectador, dando unha visión distinta do universo doutra maneira. Entras nun estado de relaxación absoluto e aprendes nun estado de calma.
Permite achegar e fusionar a comunidade Maker con múltiples disciplinas tan diferentes como a ciencia, a arte, a filosofía, a música, os idiomas e as TICS.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online