Proxectos

Instituto de secundaria de Beade

En que consiste? 
Imos deseñar e plantar un pequeno cultivo hidropónico, empregando materiais reciclados como botellas de plástico, tapóns, recipientes reutilizados.
Usando plantas de leituga , acelgas , amorodos que son de crecemento rápido e non necesitan moito espazo.

Como funciona? 
Os cultivos hidropónicos baséanse en fornecer ao vexetal auga con elementos (macro e micronutrientes ) a través da auga , sen necesitar un substrato sólido, se ademáis podémolos cultivar en vertical ou en bancadas aforramos espazo.

Que achega á Comunidade Maker? 
Os cultivos hidropónicos están ultimamente considerados case como unha solución posible por unha banda a cada vez maior demanda de vexetais frescos pero durante todo o ano non só na tempada que se producen e por outro son unha maneira de aforrar espazo , pois poden ser verticais ou horizontais unha forma de non empobrecer o chan de cultivo e de optimizar os fertilizantes, impedir o uso de insecticidas e mesmo unha maneira de refrescar o ambiente en grandes cidades.

Quen o realizou? 
Alumnos de secundaria
Carolina Rodríguez Hermida
Pablo Sirvent Ubeira
Leonardo Solteiro Valderrama
Lucas Pérez Balsa
Marta García Barciela
Margarida Ferreira Carvalho
Samuel Muñoz Costas
Lois Atanes Rivas

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online