Proxectos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

O noso proxecto consiste en fabricar un motor iónico. .

En que consiste?

O obxectivo do proxecto e demostrar a viabilidade da tecnoloxía iónica na propulsión de drons.

Cal é a finalidade?

É posible a implementación de motores iónicos en cuadricópteros para empregar dentro da nosa atmosfera para reducir a contaminación acústica favorecendo o seu emprego en medios  naturais? O que pretendemos é demostrar que a tecnoloxía iónica e factible na propulsión de cuadricópteros o cal melloraría a eficiencia dos actuais e reduciría o impacto acústico de ditos aparellos, algo de vital importancia xa que o ruído é o segundo factor ambiental máis importante que causa problemas de saúde despois da contaminación do aire, segundo a OMS e a ONU que consideran a contaminación acústica urbana coma unha das <<principais ameazas ambientais emerxentes>> do mundo.

Como funciona?

Construiremos un motor iónico para explicar o seu funcionamento:

Para construílo empregaremos tubos de cobre, cravos e unha impresora 3D. Os cravos e os tubos actúan como electrodos. A diferenza de potencial ioniza o aire e fan que os ións síntanse atraídos polos tubos que funcionan como electrodo positivo. Xérase así unha corrente de aire que empregaremos como corrente de propulsión.

Para o noso prototipo de cuadricóptero empregaremos como motores iónicos condensadores asimétricos para xerar o efecto Biefeld-Brown conseguindo asi a levitación. Os materiais empregados serán papel de aluminio, alambre de cobre, madeira balsa , pegamento cianocrilato e cinta adhesiva transparente.

Construiremos o noso prototipo que estará formado por catro condensadores asimétricos unidos entre sí. Para fabricar os condensadores temos que cortar varillas e unilas con papel de aluminio empregando o pegamento. Sobre as varillas de madeira que sobresaen uniremos o alambre de cobre que irá conectado ao polo positivo da fonte de alto voltaxe. O polo negativo unirémolo ao papel de aluminio axudándonos da cinta adhesiva. Conectaremos a fonte de alimentación e xerarase un campo magnético que provocará o efecto coroa que ionarizará o aire provocando o vento iónico. Este vento teremos que dirixilo por medio duns electrodos de signo contrario que farán que as correntes vaian na mesma dirección e eleven o prototipo.

Que achega á Comunidade Maker?

Novas tecnoloxías aplicadas á propulsión de drons.

Quen o  realizou?

Os alumnos Daniel Paz Paz, Tomás Rodríguez Loira y Marío Míguez Giráldez de 3o da ESO.

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online