Proxectos

Néboda Farms

Cultivo hidropónico vertical, onde as plantas crecen en ausencia de solo e luz solar, multiplicando o número de colleitas anuais das variedades. 

¿En qué consiste? En que consiste?

O proxecto consiste no uso dun sistema de agricultura vertical deseñado e construido polo equipo de Néboda. É un sistema altamente controlado destinado á produción de vexetais frescos e de cercanía para o seu uso polos restaurantes máis prestixiosos da zona, sendo moi ben valorados por chefs de restaurantes Estrella Michelín como Pepe Vieira e Pepe Solla. Dito sistema conta cun robot propio que traslada as unidades de cultivo e monitoriza e controla de maneira autónoma tanto as condicións da solución nutritiva (pH, temperatura, concentración, nivel de solución) que alimenta as plantas como o estado de crecemento e sanitario das mesmas. Deste modo, os traballadores non precisan acceder á zona de cultivo e evítase así a entrada de patóxenos e contaminantes ó área.

Cal é a finalidade?

A finalidade deste proxecto é encabezar a alternativa ao cultivo tradicional, responsable do consumo do 70 % do auga doce do planeta e do uso inadecuado e excesivo de fertilizantes e solo. Con este proxecto, reducimos un 90 % o uso de agua e fertilizantes (recirculamos a solución nutritiva) e somos independentes das condicións climáticas externas polo que non sufrimos sequías nin xeadas nin enfermidades e conseguimos polo tanto unha produción moi controlada e segura. Deste modo, trátase dun proxecto moi sostible e que se caracteriza pola súa fiabilidade de cara aos clientes, os seus niveis de seguridade alimentaria e o seu uso eficiente dos recursos que lle permitirá ao proxecto ser rentable, a diferenza da maioría de empresas deste sector.

Como funciona?

Dentro das innovacións que plantexa este proxecto, destaca o deseño e construción dun robot propio que se encarga de movilizar as unidades de cultivo e sacalas do sistema para que se leve a cabo o proceso de colleita no exterior do área de cultivo. Ademáis, este realiza tamén as labores de monitorización das plantas tomando imaxes periódicas das mesmas e almacenándoas na nube para o seu tratamento (no futuro con IA). Por outro lado, deseñáronse tamén solucións nutritivas específicas para os nosos cultivos e mídese e actúase sobre a concentración de cada un dos seus diferentes nutrientes para ter sempre os niveles óptimos de cada un e non desperdiciar fertilizantes como sucede aos nosos competidores. Por último, destacamos tamén a regulación de intensidade e espectro lumínico. A primeira permítenos aforrar custos de electricidade ao aportar únicamente a intensidade que precisa a planta en cada estado do seu ciclo e o segundo permite potenciar os compostos saludables e modificar a cor dos nosos cultivos,

Que achega á Comunidade  Maker?

É un proxecto que aglutina ciencia e tecnoloxía, polo que consideramos que é moi adecuado para a temática maker, sendo ademáis un proxecto moi innovador e aínda descoñecido para o público xeral. Deste modo, realizaremos unha difusión da nosa actividade que será moi enriquecedora para os visitantes da Maker Faire, dado o impacto visual e de concepto que causa o proxecto sobre a comunidade.

Quen realizou o proxecto?

O equipo de Néboda: Iván, Roberto, María e Samuel

Páxina web  http://www.nebodafarms.com/

 

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online