Proxectos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Campaña de concienciación sobre a necesidade de buscar solucións á acumulación de máscaras coma residuo. Facemos carpetas e xardíns verticais.

En que consiste o proxecto?
A primeira fase do proxecto era conseguir dous produtos viables:Máscaras cirúrxicas: Facemos cartafoles, os arames os empregamos para entregar traballos e as gomas coma coleteiros ou suxeitar.Mascaras FFP2: xa temos 2 xardíns verticais no patio, un con plantas de tempada e outro con crasas...e instalamos neles un sistema porgoteo para aforrar auga. A segunda é a divulgación, ensinamos aos nenos do colexio e gravamos titoriais que colgamos en Youtube, Facebook, Tik Tok e Instagram.

Cal é a finalidade deste proxecto?
Para solucionar o problema dás máscaras primeiro temos que buscar o xeito de facer algo novo con elas, polo menos un para ascirúrxicas, e outro para as FFP2. Despois podemos conseguir que o faga moita xente empregando as redes sociais coma medio divulgativoe concienciador

Como funciona o proxecto?
Para facer os cartafoles fundimos as máscaras cirúrxicas entre papel pinocho coa axuda dunha plancha.Para os xardíns verticais grampamos as FFP2 en palets e prantamos neles as nosas plantas.

Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Concienciar sobre a necesidade de buscar solucións aos novos residuosMostrar 2 xeitos de facelo.

Quen realizou o proxecto?
Un grupo de alumnos de 4o de ESO da extraescolar "laboratorio de científicos"

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online