Proxectos

IES de Ortigueira

Este proxecto, levado a cabo por un grupo de catro estudantes de Bacharelato de Excelencia STEM do IES de Ortigueira, consiste na construción dun CanSat capaz de levar a cabo duas misións. 

A misión primaria consiste en captar medidas de presión, temperatura e humedade atmosférica cada segundo no descenso do Cansat empregando para iso o sensor AdaFruit BME-280. A misión secundaria trátase de levar a cabo a toma de imaxes durante o descenso que posteriormente se analizan mediante un algoritmo co obxectivo de poder levar a cabo estudos urbanísticos.

O corpo do satélite foi deseñado en Freecad e impreso en PLA coa impresora 3D. Conta cunha tapa superior na que se aloxa o interruptor que acende o satélite, e a través da que sae ao exterior a antena emisora que enviará os datos ata a estación receptora en terra. 

Para tomar todas as medidas de presión, temperatura e humidade o dispositivo emprega o sensor BMF280. Dito sensor utiliza comunicación SPI para intercambiar datos co microcontrolador de Adafruit Feather M0 RFM95. A programación fíxose coa IDE de Arduino e para a comunicación entre a placa da sonda e a da estación de terra optouse pola comunicación directa con LoRa.

Outra parte importante é o paracaídas. Foron realizados unha serie de cálculos para decidir a dimensión do paracaídas e do seu venthole tendo en conta que as dimensións e a velocidade de descenso do minisatélite teñen que cumplir unhas estipulacións determinadas. A tela elexida é impermeable e moi colorida para facilitar a localización tras a aterraxe. 

Membros do equipo: Patricia Hermida, Andrés Manuel Rodríguez, Álvaro Sampayo, Cecilia Castro, Ismael Álvarez e Adrián Ismael Rodríguez.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online