Proxectos

Santiago Pereiras

Painting With Robots traballa no desenvolvemento de robots capaces de utilizar as ferramentas clásicas de pintura tales como óleos, acrílicos, pinceis,  espátulas... podendo imitar as técnicas dun pintor profesional pero non coa intención de reproducir pinturas existentes, senón de explorar novos límites entre a arte dixital e a pintura mediante o control das texturas, cores, etc.

Doutra banda desenvolveron un software de simulación que serve de axuda a artistas dixitais ou estudantes para coñecer como interactuar cos nosos robots.

Desde  Paiting  With Robots exploran os límites entre a arte dixital e a pintura mediante o desenvolvemento dunha técnica de pintura mediante robots que denominamos pintura  aditiva.

Nestes momentos están a traballar en obras inspiradas a medio camiño entre o expresionismo e o  hiperrealismo. De igual maneira seguen co desenvolvemento de ferramentas de simulación destinadas a crear colaboracións e sinerxias entre artistas e estudantes con  Painting  With Robots.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online