En que consiste?
PictoCal é unha aplicación web deseñada e desenvolta para que familias, educadores e terapeutas poidan elaborar calendarios que resulten atractivos a nenos e persoas con diversidade cognitiva. Os calendarios utilizan fotos, pictogramas ou descricións sinxelas, de forma que os usuarios poidan identificar facilmente a tarefa para realizar.
Trátase dunha plataforma con alta demanda por parte das entidades que traballan con persoas con diversidade cognitiva, xa que actualmente esta tarefa realízase manualmente, con fichas en papel cortando e pegando fotos ou pictogramas.
Cal é a finalidade?
A finalidade principal é facilitar a tarefa de elaborar calendarios adaptados a persoas con diversidade cognitiva e nenos.
Como funciona?
Trátase dunha páxina web aberta, previo rexistro.
Que achega á Comunidade Maker?
Na actualidade non existe ningunha plataforma similar.
A través da Comunidade Maker queremos dar a coñecer PictoCal para que as familias e asociacións poidan utilizala de forma libre e gratuíta.
Quen realizou o proxecto?
Francisco Laport López, Paula M. Castro Castro, Adriana Dapena Janeiro.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online