Resumo do proxecto
Trátase de xerar enerxía eléctrica aproveitando as propiedades piezoeléctricas dalgúns materiais e estudando os lugares máis pisados da cidade.
Quen realizou o proxecto?
O proxecto foi realizado por un grupo de dez estudantes desde 3º ESO a 2º de Bacharelato, fai dous cursos. Foi presentado antes do confinamento na First LEGO League de Galicia onde gañou o premio ao mellor proxecto científico.
En que consiste o proxecto?
O proxecto parte de experimentos xa realizados en discotecas holandesas e mesmo nos Xogos Olímpicos de 2012, nos que diferentes baldosas de material piezoeléctrico transforman a enerxía dos pasos en electricidade, que pode ser utilizada para varias aplicacións eléctricas que non requiran moita potencia: sinais wifi, iluminación LED, etc.
Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade é facer un estudio de viabilidade polo paseo marítimo do barrio, concluíndo que, de momento, mentres que non se abarate a tecnoloxía, podería situarse só nos pasos de peóns. Estúdiase concretamente o paso de peóns localizado diante do Auditorio e Conservatorio de Caranza (Ferrol) por ser un dos máis concorridos.
Como funcionao proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
A proba práctica facémola con material piezoeléctrico procedente de altofalantes, ao presionar encéndese un LED.
Que achega este proyecto á Comunidade Maker?
Achega, sobre todo, o método de estudo: contrastando as posibilidades coa realidade económica da cidade e o estudio de campo que supuxo, durante varios días do mes, a diferentes horas, facer un conteo dos peóns que pasaban por alí. Entrar en contacto con expertos de diferentes ámbitos, tanto de estudos de materiais como de arquitectos e amplos estudos bibliográficos, tendo en conta a xeración limpa de enerxía.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online