Proxectos

VermisLAB

Este proxecto realizado polos alumnos de MakersPRO de VermisLAB consiste nunha consola de videoxogos, similar ás consolas Arcade dos 90. A diferenza é que, neste caso, non necesita moedas para funcionar, senón que o fai con usar pilas descargadas. Así é! Por cada pila que recicles terás unha vida para poder xogar.

A idea xurdiu ao tentar atopar unha forma que motivase á xente para reciclar as pilas usadas. Así, as pilas que se utilicen para xogar almacenaranse nun depósito onde se poderán recoller facilmente para levar a reciclar no contedor correspondente.

Para o funcionamento utilizouse unha Raspberry Pi cun sistema operativo similar á máquina recreativa que permite emular xogos antigos e  substituíndo o botón para empezar a partida por un  relé que será activado por un Arduino. Este está programado de tal forma para que segun a voltaxe da pila depositada, almacénea e active o relé para empezar a partida ou a devolva ao usuario no caso de non estar a pila gastada.

Membros do equipo: Santiago Seoane, Alejandro González, Roi Santiago eAndrés Rodríguez.
Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online